Recordar familias dúas cousiñas: despexade de coches para que podamos aparcar e o máis importante ROUPA de ABRIGO que algún parece que ven da praia. Case estamos ahí
...e apenas queda nada!
Como estades pendentes e para que pasedes o rato aquí tedes aos vosos cachorros escombrados, vaia que houbo quen se peinou para a foto. Van desabrigados como vedes así que será necesario un abrigo a maiores do voso cariño para amantalos
O movemento demóstrase andando e nesas nos atopamos, rodando hacia Lalín, hacia os brazos abertos das familias que impacientes agardades o regreso da expedición das cóxegas.
Fáltannos aproximadamente 3 horas polo que chegaremos en torno ás 4:30.
Lembramos a necesidade de deixar libre o espazo para os autobuses e que levedes algo de abrigo para estos corpos aclimatados xa ás temperaturas da meseta.
Facemos a última parada para tomar un colacao. Pregamos que traiades algo de roupa de abrigo pois algúns despistáronse e pese aos avisos deixárona na maleta.
O tempo que levamos no corpo e algo distinto ao que temos por aí!
Como as horas van pasar lentamente aquí vos deixo familias unhas fotiños que por falta de bateria quedaron no tinteiro
Rematamos esta primeira parada e continuamos coa ruta. As forzas van minguando e pouco a pouco o silencio só é interrompido polas acompasadas respiracións dos que botan o primeiro sono, asolagado das lembranzas destos días.
En ruta, na estación de servicio de Villacastín facemos a primeira ds dúas paradas que faremos, neste caso para cear uns máis que apetecibles bocadillos!
Comezamos a ruta de volta!
Pararemos para cear máis adiante e entre pitos e frautas calculamos que chegaremos en torno ás 4:00 da madrugada. Iremos actualizando conforme nos vaiamos achegando para ser máis precisos na hora.
Por experiencia de outros anos, pregamos que deixedes libre para parar os autobuses a zona desde a que saimos. Grazas!
Un desfile fermoso de todas as personaxes da Warner que ten un lixeiro toque amargo, pecha o parque, pecha o día e pecha a expedición.
Chegamos, vimos e conquistamos!!!
...pero non fixemos nada malo, andamos no espectáculo destos tolos do volante!
E xa é unha tradición...
Non podía faltar!!!