Normas Básicas
Con respecto ás normas unicamente debemos ter unha palabra
en consideración que é respecto. Sempre e cando o noso comportamento esté guiado
por esta actitude non haberá complicacións. Aínda así faremos algunhas
consideracións:
ATENCIÓN: somos unha expedición numerosa que nos veremos
inmersos nunha marea de xente de todo tipo e condición polo que deberemos estar
moi atentos para non extraviarnos nin perder de vista ao grupo nin á persoa
responsable do grupo. Asimesmo é ben que coidemos uns dos outros e que non
deixemos a ninguén so.
Ante calquer indicación teremos que reaccionar
inmediatamente, sen remolonear nin discutir. Somos moitos e o ben do grupo ten
primar sobre cuestións individuais!
PRUDENCIA: estamos nun sitio descoñecido polo que debemos ser moi cautos con todo o que acontece ao noso arredor
HOTEL: no hotel estaremos cunha morea de turistas que
estarán nas súas habitacións tentando descansar polo que non debemos facer
barullo e respectar as horas de descanso do resto de hóspedes. Daránsevos
indicacións específicas que debemos cumplir polo bo funcionamento da excursión.
Por suposto, o respecto é extensible ao mobiliario e dependencias do hotel!
FOTOGRAFÍAS: Os mestres encheranse a facer fotos desde todos
os ángulos e posturas, mentres paseades, mentres comedes, mentres falades cos
amigos, mentres vos abraidades co que estaredes a descubrir... Por iso e para
evitar un uso perxudicial das imaxes obtidas, non se permitirá levar cámara de
fotos nin dispositivo algún que poida inmortalizar os momentos que estedes a
vivir.
VIDEOXOGOS: Ídelo pasar sumamente ben compartindo intres cos
vosos amigos dun xeito que nunca o fixestes, así que tampouco vos fan falta
videoxogos nin outros artefactos que vos illen do que andaredes experimentando.
TELÉFONO: tampouco estará permitido levar teléfonos móbiles. Para comunicacións de emerxencia as familias deberán dirixirse ao colexio e desde alí xa se levarán a cabo os contactos oportunos.
E QUE FAGO SE...
...me despisto e me perdo...: se vos despistades do grupo
porque vos quedastes mirando algo dedebes permanecer nese mesmo lugar pois ao notar a falta voltaremos buscarvos
seguindo o camiño andado ata que vos atopemos.
Porén, se vos vedes completamente perdidos terédesvos que
dirixir ao policía máis cercano (en Madrid hainos ata debaixo das pedras) e
indicarlle a vosa situación. Levaredes unha pulseiriña ou tarxeta cun número de
teléfono onde nos localizarán e poderemos recollervos inmediatamente. Non
perdades a calma en ningún momento!
...me despisto no metro e se pecha a porta do vagón antes de
entrar: se sucede isto quedádevos alí quietiños, na parada que estedes e
esperade porque non tardaremos nin 5 minutos en dar a volta para irvos buscar.
Non vos poñades nerviosos porque acudiremos de contado!