Cousas que levar
COUSAS QUE LEVAR
A maleta, que levar?
- 6 mudas de roupa interior (bragas, calzoncillos, calcetíns,...)
- 6 camisetas (ou camisas)
- 4 pantalóns (incluido un curto se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan)
- 4 sudadeiras ou xerseis,...
- 1 pixama
- 1 gorra
- 2 pares de zapatillas (imos andar bastante polo que o calzado debe ser cómodo e usado para evitar mancaduras nos pés)
- 1 par de zapatillas da casa ou chanclas
- 1 cazadora
- 1 poncho chuvasqueiro para as atraccións de auga da Warner
- Neceser: cepillo de dentes, dentífrico, desodorante, protección solar, peine, secador,...
Unha mochila pequena
Para o día a día na expedición viranos moi ben contar cunha
mochila pequena (a da escola non) para levar o bocadillo do primeiro día, unha
botelliña de auga nas incansables camiñatas que faremos, o poncho o día da
Warner,...
Bocadillo
O primeiro día comeremos en ruta polo que cada viaxeira/o
deberá levar o seu bocadillo (ou bocadillos según o que coma habitualmente),
bebida (só auga) e froita.
Cartos
Recomendamos non levar unha cantidade superior a 30 €. Todos
os gastos da excursión están cubertos e unicamente levarán diñeiro para mercar algún
agasallo de recordo, refrescarse cun xeado ou encherse a flocos de millo no
espectáculo do Rei León